sábado, noviembre 05, 2011

Microreviews Octubre'11 - III


Harm - Demonic Alliance (2011)
Thrash Metal
Myspace
Con dous membros do grupo de Power Metal Guardians of Time, que sacaron este ano tamén un gran disco, os noruegos Harm lanzan o segundo CD logo de máis dunha década de existencia. Disco que debería de estar na colección de todos os thrashers e speedmetaleiros, xa que Harm atacan ós nosos oídos cunha agresividade que moitos intentan mostrar, pero que a duras penas os novos grupos de Thrash e Death conseguen.
A tralla de Harm básase no Thrash primixenio da escola americana e xermana, mezclado con algún toque máis Death, e cunha voz que ben podería pertencer a algún grupo de Black-Thrash.
Metal con grandes riffs, actitude, e sen concesión nun álbum de pouco máis de media hora pero que causa a adicción suficiente como para poñelo unha e outra vez. Slayer fixérono un día con Reign In Blood, quén sabe se o tempo pon a Demonic Alliance nos peldaños próximos a ese álbum.
Aprendede Angelus Apatrida! 9/10




Wolf - Legions Bastards (2011)
Heavy Metal
Myspace
Se nas últimas líneas do comentario de Harm falaba de "actitude", Wolf anda sobrado dela. Xa van 6 discos e os suecos saben o que queren, dándolles igual modas e entorno. O seu é o puro Heavy Metal da escola ochenteira da que collen o mellor da NWOBHM. As influéncias están claras: Iron Maiden, Judas Priest, Saxon, Accept... sí, ó igual que moitos outros grupos, pero Wolf teñen algo que outros non posúen. É difícil de explicar, podería ser ese intanxible chamado actitude, pero eu iría máis aló, Wolf saben crear novas cancións con gancho a partir das mesmas influencias que milleiros de grupos que o único que fan é repetir esquemas e riffs xa feitos hai décadas. A esto eu chámolle talento; compoñer algo pouco novedoso pero dunha forma personal e atractiva ó oínte.
Neste novo disco Wolf consígueno outra vez, creando cancións que a primeira vista son simples, pero con ese algo que fai que non nos cansemos fácilmente, e no que resulta difícil poder escoller algunha canción, xa que a maioría raian un nivel alto.
Se Wolf saíran nos 80, hoxe estaríamos falando duns grandes do Heavy Metal a nivel mundial por discos coma Legions Bastards. 8/10


Blackguard - Firefight (2011)
Folk Power/Symphonic Melodeath
Myspace
Os anteriormente chamados Profugus Mortis (cuio álbum debut creo que tiña unha gran calidade, xa non tanto o posterior), sacan o seu segundo disco baixo o nome Blackguard, nunha clara progresión desde Profugus Mortis.
Por un lado temos uns riffs moi Children of Bodom (e Skyfire), ó igual que o cantante, que sempre mostrou o seu claro aprecio por Alexi Laiho. Pero, a diferencia dos finlandeses, Blackguard imprímenlle ás súas composicións partes máis folkies e outras máis sinfónicas, con ocasionales coros e arreglos máis dramáticos-BSO. As cancións son pegadizas e están ben compostas... desde logo prefiro esto a calquera cousa post-Hate Crew Deathroll, a pesar de que o cantante non me faiga moita gracia.
Se seguen por este camiño, penso que Blackguard pode dar moito máis de sí.
Children of Folk. 7/10


Attonitus - Opus II - Von Lug und Trug (2011)
Folk Metal
Myspace
Hai xa máis de 10 anos que escoitara aquel disco, daquela extrañísimo para un servidor, de In Extremo chamado Weckt Die Toten! Recordo ter a sensación de, non solo non ter oído esa mezcla anteriormente, senón de ser algo que case non podería imaxinar que funcionaría coma o fixo. Porque tanto ese coma o seguinte Verehrt Und Angespien, son auténticos discazos cheos de boas melodías medievales unidas con ese toque metaleiro. Tanto deberon de gustar tamén entre o público alemán e tan famosos se deberon volver os In Extremo, que cos anos, os clones foron salindo de debaixo das pedras, sobre todo no seu propio país.
Attonitus é un deles máis, que con pouca orixinalidade xuntan melodías folk-medievales con Metal, un estilo vocal parecido a In Extremo e multitude de instrumentos tradicionales reales, coma gaita, flauta, harpa, etc. Cancións cortas e simples, con algunhas melodías que se quedan mellor ca outras -na metade do disco enganchan uns 3 ou 4 temas que realmente producen cansancio auditivo-, e maioritariamente cantadas en alemán é o que nos ofrecen. Non moito máis que contar...
Sólo para fans do Folk-Metal medieval alemán. 4/10


Neuraxis - Asylon (2011)
Technical Death Metal
Myspace
Os míticos franco-canadienses Neuraxis volven á actualidade cun álbum onde perpetúan e incluso profundizan máis nas súas raíces técnicas para ofrecer un traballo coidadísimo de Death Metal "virtuoso".
Continuos cambios de ritmo dentro dun mundo opresivo de Thrash-Death que pode recordar a tempos pasados de Atheist, Cynic e Death pero cunha producción á altura deste novo milenio. A batería, un chisco subida de máis para o meu gusto, simplemente non nos dá un respiro entre cambio e cambio, indo de blastbeats a intrincados movementos e pajería varia que pode recordar a algún grupo de ProgMetal pasado de revolucións. Na sección de corda temos experiencia á par que habilidade sobrada para darnos un bon atracón de riffs heteroxéneos e complicados; e a voz quizáis queda nun segundo plano ante toda esta amalgama técnica, pero como pode, vai cumplindo nun rexistro de guturales na media.
Sen embargo, con Neuraxis pásame algo parecido á maioría de grupos de Technical Death que escoito: fáltalles ese algo para que a un se lle quede na cabeza, polo menos na maioría de cancións. Tal vez coas que me quedo son "Reptile", "Purity" e a que cerra, "Left To Devour", o resto, están ben, moi ben executadas, pero sen moito máis.
Bon disco destes veteranos do TechDeath, pero este ano quédome con Obscura. 7/10


While Heaven Wept - Fear of Infinity (2011)
Power - Epic Doom Metal
Myspace
A pesar de levar máis de dúas décadas de historia, éste é o primeiro álbum que lles escoito a While Heaven Wept, así que non tiña prácticamente idea do que me dispoñía a oír.
O estilo de While Heaven Wept é realmente difícil de explicar, eso sí que me quedou claro logo de máis de 10 escoitas. Sí, dixen 10 escoitas, porque Fear of Infinity ten algo que engancha co oínte -de variantes de Doom, primordialmente-, é un estilo que bebe de varias fontes, tanto do Doom-Heavy coma do Power americano; xa oíra grupos que mezclaban estes estilos, pero While Heaven Wept ten un estilo personal de practicar ese xénero. A súa música non é máis contundente que envolvente, e as melodías dobladas de guitarra son moi curiosas... largas e complexas, diría eu... cunha aureola melancólica e onírica.
Sí, gustoume Fear of Infinity, a non ser dun par de peros: o primeiro, 37 minutos parecéronme demasiado poucos, quizáis unha canción máis completaría un disco redondo. O segundo é que encontro a última canción, Finality, de 11 minutos, de menor calidade que o resto. Non me digades porqué, simplemente non me gustou e pareceume un "finality" pouco acertado que moitas veces me deixou cun mal sabor de boca logo dunha escoita placenteira a Fear Of Infinity.
Emocional e melancólico Power Doom. 7/10

Link
Tokyo Blade - Thousand Men Strong (2011)
Heavy Metal
Myspace
Os míticos británicos regresan logo de máis de 10 anos desde o seu último disco, reagrupación coma tantas outras nos últimos tempos de grupos míticos ochenteros que viron como no último par de décadas a súa música xa non vendía. Tales son casos os de Brocas Helm, Grim Reaper, Satan...
Por Tokyo Blade non parecen pasar os anos en canto ó asunto musical, porque o que ofrecen é un Heavy Metal tradicional dos 80, un disco máis de NWOBHM que non aporta demasiado sobre o que se fixo daquela nin o que se fai agora. O que quero decir é que non creo que Thousand Men Strong fose un disco que marcara un hito se fora lanzado naquela marabunta de grupos británicos facendo Heavy Metal, ainda que realmente tampouco esteña mal.
Producido polo famoso Chris Tsangarides, os Tokyo Blade sonan moi vintage pero cun bo tratamento de cada instrumento, algo así coma se fora feito a mediados dos 80 pero máis potente e menos "garage". Os británicos teñen guiños durante todo o álbum hacia os grandes do país; Saxon, Iron Maiden, Judas Priest... pero tamén nos poden recordar a ratos a Queensryche ou a uns arcaicos Brainstorm pasados polo filtro NWOBHM.
Para acabar Thousand Men Strong, repasan un dos seus grandes éxitos, Night of the Blade, ó cal lle imprimen un sonido bastante mellor que na súa concepción; supoño que ó traballar con Tsangarides aproveitaron para revisar esa canción e sacala coma tiñan na súa mente nun inicio.
Para fans da NWOBHM. 6/10


Vanhelgd - Church of Death (2011)
Death Metal
Myspace
Non hai moito que decir sobre o segundo disco de Vanhelgd. Old School Swedish Death, con influencias dos primeiros Entombed, Asphyx, Grave, Morbid Angel, etc. Non é a proposta máis orixinal, pero dentro do que cabe os suecos manéxanse máis ou menos ben dentro dela. As cancións sucédense a un medio tempo no que inclúen partes máis doomies e outras máis punk e algún blast. O sonido é totalmente noventero, empezando polo death con deje crust das guitarras, seguindo polo sonido basicote da batería, e por suposto cos rasgados "evil-gore" con certo eco do cantante.
O malo é a falta total de creatividade, porque sona tal cual un disco de Asphyx a principios dos 90, bueno, é malo para mín, que sei que a moitos lles gusta rememorar esa vella escola. Eu preferir, prefiro que un grupo se esforce en facer cousas novas, pero si vai repetir esquemas xa feitos hai 15 anos, polo menos darlle un enfoque actual ou personal. Vanhelgd pouco saben deso.
Para true-fans do estilo.
Pure Old Swedish School of Death Swedish Old Metal of Death Old School... 4/10


Euphoreon - Euphoreon (2011)
Viking Melodeath
Myspace
Unificando elementos de distintas bandas de Metal finlandés xurdiu o proxecto australiano de Euphoreon. Neste primeiro disco pois, atopámonos cousas de, sobre todo Wintersun e Ensiferum, ainda que os Euphoreon non fan ascos a coller tamén de Norther ou Children of Bodom, resultando un disco debut de Viking Melodeath que non contén demasiadas melodías folkies, senón máis ben pertenecentes ó Power Metal de voz rasgada.
A producción, para ser un primeiro álbum, non está nada mal, e, a pesar de que non chegan ó nivel das mellores creacións dos grupos mencionados, Euphoreon sacaron unha boa colección de temas, chegando a ser un disco disfrutable. Esperemos que para a próxima busquen un sonido máis personal, eu creo que teñen potencial.
Suomi desde a outra punta do globo. 7/10
Link