lunes, marzo 22, 2010

Diario dun vi-king 0

Teño montonazo de ideas na cabeza para escribir, incluso deixei algunha abandonada polo camiño que sempre penso en retomar pero que non me dou posto. Unha delas era esta, de tomar os meus proxectos musicales e facer con eles unha especie de "diario" sobre as progresións que vou facendo. Por outro lado, como vistes a maioría, deixei un pouco de lado o msn e agora estou deixando de lado bastante o facebook con respecto ós inicios. Sigo tendo algunha especie de fobia a estas cousas de que moita xente veña tipo cotilla a ver qué faigo ou no XD Así que o que sempre quixen foi volcarme masivamente neste blog e depositar nel un pouco de todo, o que faigo ou non e as miñas chorradas, pero sempre baixo o meu control. Co do meu control refírome a cousas coma o de etiquetar fotos ou que alguén me escriba no "muro" cousas que a outros nin lles vén nin lles vai. Sei incluso de algún amigo que, pensando que no facebook estaba "seguro" de miradas aviesas e tiña a súa pequena parcela de privacidade, chegoulle unha petición da súa moza que se rexistrou co único motivo de ver qué fai e con quén é amigo etc.
Teño que admitir que incluso durante un tempo estiven pensando si borrarme do chisme ese chamado facebook, pero bueno, entendo que é a única forma que teño para ter un contacto rápido, ainda que sexa mínimo con xente que de outra forma non sabería dela, nin eles de mín.

O do messenger é un tanto diferente, digamos que tiven unha época que cada vez que o acendía eran 10 ventanas de súbito e todos a preguntarme cousas. O peor é que ainda encima era normalmente de xente coa que non teño excesivo trato... e agobioume moito. Estiven moito tempo sen acendelo, e finalmente acabei descubrindo a opción "bloquear", coa que estiven tranquilo por un tempo cando quería falar pausadamente sólo con unha ou dúas personas, cousa que non puiden facer por meses. Ainda así, o do msn creoume un trauma e pasei de acendelo máis, sólo para urxencias ou momentos esporádicos. Sintoo pola xente que algunha vez esperou ou espera que poida falar conmigo ahí. Prefiro que me enviedes un mail, sinceramente, ou un mail dicindome que necesita falar conmigo por ahí, ou senón outra opción é a de deixarme algún comentario por aquí, cousa que xa poucos fan XD

En fin, todo esto viña.. ah si! a partir de agora vou empezar a publicar as novas dos proyectos musicales neste apartado do blog. Próximos apartados virán próximamente tamén, espero. Estiven dudando entre o inglish e o gallego, pero creo que vou incidir neste último para esta sección, ó igual que a maioría das cousas de temática "personal".
Próximamente a primeira entrega :)