viernes, octubre 27, 2006

A comida en Estonia - Viaxe polo supermercado


Falemos sobre comida estona!!!
Creo que o tema anterior xa está o suficientemente viciado...
asi que vamos cambiar de tercio e seguir co noso.. bueno,.. co meu...

Bueno, todo o que vedes nesta foto son ... especias!!!
Sí, centos de centos de variedades de especias!!
Porqué??
Mmm chegamos a unha conclusión; toda a comida estonia ,ou case toda, está absolutamente falta de sabor!! desde a carne... peixe (salvo o salmón, moi bo), fruta... non sei , prácticamente todo.. e para eso necesitan aliñar con centos de cousas as comidas, para que sepan a algo.
Deste xeito, cando comes aquí carne de pito... pois a menos que lle botes algunha especia e sal ou allo ou algo ... pois saberá a ... nada...
O da fruta, tamén é un pouco sangrante... as cousas non saben, as mazás non teñen un sabor a mazá intenso,nin peras, nin peladillos.... o único que probamos asi e ben, foron as uvas...
Outra das cousas que chaman a atención é a fecha de caducidade... tanto en productos coma leite coma en frutas... si, si mantemos algun plátano na nevera durante 3 dias ou mais , eso comenza a poñerse negro!!!
E o do leite... bueno... compramos o leite.. e caduca en 4 dias!!! sempre!!! non é que sexamos parvos e compremos mal... é que é así!! O outro día estiven falando con Eveliina sobre eso, e díxome que a xente daquí prefería eso, porque eso demostraba que o leite era totalmente natural e non tiña añadidos coma conservantes ou colorantes... De feito, cando lle dixen que en España a fecha de caducidade podía estar perfectamente en torno ós 2 meses... puxo unha cara de asco e fixo... buaj!
Outra das cousas moi típica por aquí son as ensaladas, que as venden en tapers!
Hai centos e centos de ensaladas diferentes, pero en prácticamente en todas hai algun elemento común:
-Maionesa
-Pataca: parece ser que é o producto estrella de Estonia! Eveliina dixome que o seu pai sempre decia que podería comer perfectamente en todas as comidas do día pataca!
-Pepinillo: si!!!!!dioooooooos touno empezando a odiar a muerte!!!!
Está en todo!!
En ensaladas, hamburguesas, pizzas, quebavs ou como se chame... todo!!!
Morte ó pepinillo (gurk en estonio)!!!!
O curioso é que os estonios non se enteran de eso, xa llo dixen a uns cuantos locales e todos me dicen... anda pois é certo...
E unha tía dixome ... pos si.... debe ser algo extraño para os foráneos...xa eres o 4º que mo dice... jajajaja
É unha pena, pero non teño ningunha foto de comida homemade in Estonia...
As comidas típicas de aquí son coma .... buf como dicilo sen que sone mal... como dixen antes... o do cubo da peli "Mal gusto" vaille ben... para os que non virades esta peli... pois as comidas aqui teñen un pouco de pinta ... mala... como grumos de .. "cousas" flotando sobre unha salsa (eso si, salsas que non falten, o outro dia cominme unha lasaña que estaba 1/4 flotando en 2 salsas diferentes), pos unha salsa abundante e de non excesiva boa pinta... De feito, polo que levamos comprobado o resultado pode ser bon ou malo ... sempre con pinta regular, eso si...
E suelelles gustar acompañar con puré de patacas ...
Mais ou menos eso é o que vin ata ahora....
Outra cousa curiosa! Non hai Pizzahut, non hai Telepizza, non hai Burguer King, case non hai marcas americanas de comida rápida
Hai únicamente McDonalds, e Hesburguer (marca local, parece ser que peor ainda que McDonalds, eso si que debe ter delito!!!)
Unha curiosidade mais... a auga...
Non sabedes o complicado que é encontrar auga sen gas!!!
Todas as botellas teñen algo de gas.... sabores extraños... gas con sabores extraños....
Porqué coñe lles gustará tanto aqui esas chuminadas??
Eu a única auga que bebo é a do grifo... que solo faltaba que salise con gas...
Fíxome moita gracia que no viaxe a Tartu , Cristian vaciou unha botella desas de auga con gas para meterlle auga do grifo... e veulle un dos nosos colegas alemanes todo indignado (pero de coña) dicindo... e ti tiraches a miña auga con gas para meter na miña botella esa auga de mierda??? hahahhahahaha



Vexo que non se vé moi ben, pero a fecha de caducidade deste bote de ketchup, nun dos grandes supermercados de Tallinn é 23-05-2006!!! fai medio ano!!!
Cousas curiosas que se atopan...
Por suposto estaba a 1/4 do precio do resto dos ketchups, e eso foi o que me fixo preguntarme... porqué estará tan incriblemente barato este???
É unha pena que non encontrase unha lata de conserva que atopara fai tempo. Debeu ser noutro super... porque esa era boa para facer unha foto!
Na lata de conserva poñia, xúroo: turisten ou algo así hahahahaha e na foto do lado salían dous excursionistas indo hacia unha montaña....
Xa sabemos de qué se alimentan os mangallós túzaros rusos... de turistas!!!!
Bon appetit!
pero non de min!

Este é o pan que hai por aquí!, parece incrible, non?
Hai centos de variedades pero todos cortados polo mesmo patrón, vén coma pan de sandwich, todo cortado e o sabor... incomparable ó pan recién feito nunha panadería!!
Qué dirán os estonios deste pan?
Qué dirían se probaran o noso pan?
A ventaxa desta variedade... non suele ser caro

ahora xa pasado un tempo, podo dicir que sí existe o pan coma nós sabemos, ainda que é dificil de encontrar..., pero haino dunha maneira que non comprendo... son panes-dulces, é dicir, son coma bolos de pan, pero con azúcar, de xeito que un non sabería moi ben se tomalo pa mollar algo ou para tomalo sen mais de postre... outra das cousas que pode chamar a atención (e bastante) é o precio ó que está! Como podedes ver na foto nada mais e nada menos que unha desas pezas costa 54 coronas.... o que equivale a uns 3`70 euros!!!
Bueno, por hoxe de comida, suficiente...
Vémonos, rapaces!